Escrito por breogain en Caixón de xastre 5 Xullo 2008
Unhas vacacións en Dublin III (ocio)
Se hai algunha cousa da que os irlandeses desfrutan por enriba de todo é do seu tempo de ocio, segundo teño entendido, na cidade de Dublín existen ao redor de 1000 pub’s en funcionamento, algo que non debe de sorprendernos demasiado, xa que en calqueira vila ou cidade galega de seguro que si lle damos unha patada a unha pedra atoparemos debaixo un bar ou unha cafeteria.
Na miña curta pero aproveitada estancia en Dublín, puiden comprobar de primeira man a importancia que ten para eles desfruta-lo tempo de lecer en compaña e no pub, que por se algún de vós o
descoñecedes, a palabra pub provén de public house, ou sexa, a casa pública ou a casa de todos, o lugar por onde o irlandés adoita pasar despois da súa xornada laboral a tomar unha pinta. Tanto ten que sexa sábado coma domingo ou luns, os pub’s sempre estaban ateigados de xente, incrible pero certo, sendo luns e estando de vacacións agardaba atopa-lo pub valeiro ás dez da noite, pois non, ali estaban unha chea de paisanos tomando as súas pintas e ollando de reollo as televisións onde botaban as carreiras de cabalos, apostar, outra das súas afeccións. No tocante ás cervexas máis consumidas polos irlandeses deume a impresión que os gostos están a trocar, por suposto que a máis consumida era a Guinness Stout, seguida doutras irlandesas como a Kilkenny
Beamish ou a Murphy's, pero tamén puiden ollar como consumian tamén moito a Paulaner, unha cervexa alemana, polo tanto o tópico de que os irlandeses somentes consumen a stout cada dia ten menos credibilidade.
Acompáñovos o texto cun par de fotos sacadas nalgúns dos pub’s que puiden visitar na miña visita cultural cervexeira a Dublín, o Cassiddy’s que foi o primeiro pub que visitei e no que degustei a miña primeira pinta 100% irlandesa, o Whelan’s no que desfrutamos da irish music en directo, un pub dos máis sobranceiros da cidade e o Bledding Horse, o pub que tiñamos debaixo do hotel e polo que nos pasabamos cada noite antes de recollernos, sempre a tope de xente e cuns camareiros moi simpáticos aos que lle tiña que berrar para pedir unha ronda. Caso aparte foi a visita á St. James’s Brewery, a
fábrica da famosa cervexa negra Guinness, pero diso, como xa vos comentei antes da viaxe, haberá un capítulo especial do mundo da cervexa para falar delo.
Unha vez máis recoméndovos a viaxe a Dublín, cidade cosmopolita, acolledora, cunha chea de cousas para ollar e para divertirse, mágoa que sexa un chisco cara de máis, pero tamén supoño que os soldos alí non serán os que temos aquí, senón estaban apañados, por certo, como non ia enche-lo artigo con multitude de fotos, máis que nada porque o espazo non da para máis, podédesvos pasar polo meu flick-r a botarlle unha ollada a algunha foto máis que subin estes dias.
Para rematar, dicirvos que inda que a Guinness é unha magnífica cervexa negra, a miña sout preferida segue a se-la Tennent's escocesa, descubrinna hai uns dez anos no pub Scottish Higlander de Pontevedra, xa pechado, agora non a atopo por ningures, agardo tamén desfrutala en vivo nun pub de Glasgow ou Edimburgo un dia destes, pero iso xa é outra historia.
Como ben din os irlandeses, Slàinte !!!
chuzame -
De cachondeo ou tomadura de pelo podería definir o último anuncio dos traballadores de 

Hai un par de dias que a nova saltaba aos medios e agora fágome eco no meu blogue. Supoño que non fan falla presentacións e que calqueira pontevedrés e galego coñece o nome de
Haberá alguén na nosa cidade que inda non teña visitado alomenos unha vez na súa vida o 

Ou iso semella despois do
Pois nada, redundando unha vez máis no tema, e por se alguén inda non está ao tanto, o vindeiro venres dia 13, e a iso das 20:00 horas -supoño que un servidor chegará un chisco máis tarde- na cafetería Hippo da nosa querida Pontevedra, terá lugar o que uns deron por chamar a 1ª Xuntanza
Se hai algo pon enriba de todo, que un forasteiro pode ollar na súa visita á capital de Irlanda son monumentos, o primeiro que nos chamaria a atención unha vez aterremos en calqueira das rúas do centro de Dublín son a infinidade de edificios e monumentos con historia que esta cidade atesoura. Se lle preguntamos a calqueira dublinés por algo que non poidamos deixar de ollar nunha visita duns cantos dias, de seguro que él respostaríanos que a Catedral de San Patricio, o Trinity College ou Castelo de Dublín, pero isto tamén depende da idade do interpelado, porque se falamos cunha persoa moza (son maioria nesta cidade) é moi probable que nos falara do Temple bar ou da fábrica de Guinness.
Un consello quérovos dar, Dublin é unha cidade para percorrer a pe, e ben cómpren alomenos tres ou catro dias para poder dicir que a visitamos a conciencia, no meu caso estiven tres dias, dos cales un foi domingo e quedáronme no tinteiro un par de cousas que quixera ter visitado, principalmente o cárcere de
E logo, ¿que foi o que visitamos? Pois o Trinity College, a universidade máis antiga de Irlanda, fundada no ano 1592 e na que puidemos olla-la exposición do Book of Kells, o libro dos celtas, manuscritos dos que non puiden tirar fotografías, posto que en tódolos edificios que visitamos está prohibido o emprego de cámaras de foto e video, iso si, na maioria das visitas tivemos que pagar por entrar, o importe oscilaba entre os 8-10 euros por
Polo demais, pasear por unha cidade coma a de Dublin sempre é gratificante , o que máis nos pode chama-la atención é o tremendo vento reinante ao longo de todo o dia, tanto ten estar perto do rio Liffey como polo medio de rúas máis estreitas, sempre zoa o vento e moi forte, o tráfico é moi denso dende primeira hora da mañá -e logo queixámonos de Pontevedra- polo tanto hai que andar con moita precaución e ollar sempre á dereita -xa está indicado no chan- antes de cruzar unha rúa, de tódalas maneiras, os dublineses non fan moito caso dos semáforos. A oferta comercial é impresionante, hai unha chea de mercadillos coma o de George Street Arcade, tendas de roupa e música e por suposto pubs, pero dos pub's (public house) xa vos falarei nun capítulo aparte. Pasear por rúas como Grafton Street, Henry Street ou O'Connell Street é unha gozada, alí poderedes atopar calquer agasallos ou recordo que queirades traer da vosa visita, recoméndovos os almacéns Carrolls para mercar agasallos e os almacéns Penney's se queredes algo de roupa, son increiblemente baratos para os prezos de Dublin, pero máis barato todavia é sacarse unha foto con calqueira das estátuas que poderás atopar nas rúas do centro da cidade, como por exemplo a de
En resumo, non se pode dicir que se coñeza Irlanda por ter visitado Dublin, nin moito menos, pero foi un bo comezo para alguén coma min que nunca estivera ali antes, para unha vindeira ocasión agardo poder visitar algún lugar máis pequeno coma Kilkenny, Cork ou Galway, e poder estar en contacto coa Éire máis labrega, misteriosa e milenaria. Se estades interesados en visitar esta fantástica cidade podedes recopilar máis información na web 






